• Precio rebajado

R.G.T. nº 69



ISBN: rgt 69

5,50 €
5,23 € 5% de descuento
Impuestos incluidos
Cantidad
Últimas unidades en stock

 

Paga de forma segura en nuestra tienda con tarjeta, transferencia o contrareembolso

 

Realizamos envíos a todo el mundo. Selecciona tu forma de envío en el proceso de compra.

 

Dispones de 15 días para tramitar cualquier devolución. Consulta condiciones.

A RGT saca á rúa o seu número 69, correspondente ao inverno 2011-2012 e faino mantendo as súas seccións habituais e achegándose á dramaturxia portuguesa coa edición do texto Padam Padam, de Jose Maria Vieira Mendes (Lisboa, 1976). Deste xeito, a publicación consolida a súa aposta por tender pontes de intercambio co mundo da lusofonía despois de editar hai un ano Nunca estive en Bagdad, de Abel Neves.

Dentro das diferentes seccións deste número 69 da RGT, destaca o traballo "Sexo e Teatro" asinado por Afonso Becerra de Becerreá incluído no apartado ESPAZOS. O propio Becerra é tamén autor do artigo "Escenarios do corpo" que xunto coa experiencia de Metátese e Alentía Teatro en Guatemala pechan esta sección.

O apartado TEMAS está reservado ás protestas que o sector das artes escénicas levou a cabo durante o outono en "Crónica dunha rebelión" que asina Xosé Manuel Pazos, a desaparición da Feira Galega das Artes Escénicas que realiza Zé Paredes con "Non houbo Feira..." e a conversa con diferentes axentes de distribución de artes escénicas en Galicia.

Por outra banda, a sección ENTREVISTAS está adicada as compañías Lagarta Lagarta e Teatro de Ningures, que vén de cumplir 25 anos de traxectoria.

Por último, xunto coas seccións habituais de FESTIVAIS, LIBROS, AXENDA e FICHEIROS, destaca o apartado ESPECTÁCULOS coas críticas das montaxes Oeste solitario, de PT Excéntricas, O florido pénsil, de eme2 producións e Uno de Nabeirarrúa Danza.

A Revista Galega de Teatro ten carácter trimestral e distribúese en máis de 50 librarías galegas. O seu prezo por unidade é de 5,50 euros. A subscrición anual é de 18 euros.
Apdo. Correos 210 - 36940 CANGAS DO MORRAZO (Pontevedra)

rgt 69

16 otros productos en la misma categoría: